Fiesta de la batalla de PONTE CALDELAS

Dende agosto do ano 2009, con motivo dos actos do bicentenario da Guerra de Independencias celébrase na Festa da Batalla de Ponte Caldelas, co fin de conmemorar o feito histórico sucedido o 7 de xullo de 1809 cando un grupo de campesiños e fidalgos acaudillados por Francisco Oubiña, señor do Pazo do Coto de Forzáns lle plantou cara a unha brigada de infantaría lixeira e de cabalaría mandada polo xeneral Ney, río arriba buscando un paso polo río Verdugo para poder atacar pola retagarda ás tropas españolas que estaban a defender Ponte Sampaio fronte ás hostes de Napoleón.

 

A acción heroica deses campesiños sen formación militar e a axuda dos míticos "canóns de pau" e a sorte emboscada tras a espesa néboa existente ese día botaron a perder cos plans do estratego francés e permitiu que a resistencia española en Ponte Sampaio non fose sorprendida pola retagarda.

Dende o 2009 o Concello de Ponte Caldelas en colaboración coas asociacións do municipio recrean esa importante efemérides a través da simulación dunha batalla na que participan unhas 200 persoas ataviadas con roupas de época imitando as Alarmas de Ponte Caldelas e uniformadas cos vistosos traxes do exército de Napoleón.

Simultáneamente un amplo programa de actividades, desenvolvido o fin de semana anterior ás Festas das Dores (terceiro fin de semana de agosto) entre as que destaca a Feira Antiga do Camiño dous Arrieiros, convértense en cita obrigada para veciños e visitantes que durante esta época estival abarrotan as rúas e a Alameda de Ponte Caldelas.

Nesta recreación teatralizada participan veciños dos distintos lugares do municipio, especialmente da parroquia de Forzáns, que escenifican cada ano, cun guión diferente e orixinal, a loita que mantivo o pobo galego contra as tropas de Napoleón para gañar a súa independencia da opresión que representaba no aquel momento o exército francés.

A participación cidadá nesta festa cada vez é maior vestíndose o público con roupas de época e realizando "xantares populares" nas beiras do río Verdugo ofrecendo a vila un aspecto pintoresco e colorista que a fai retroceder no tempo ao século XIX.