Declarado Sendero Azul 2016
A beleza natural da paisaxe de Ponte Caldelas destaca, sobre todo, polo contorno do río Verdugo que atravesa a vila e o municipio cun tupido arborizado nas súas marxes e que ao seu paso pola vila se remansa coas súas augas cristalinas.
Hai que sinalar, ao longo da canle, distintos lugares especialmente característicos como son os pasos da Fraga e a praia fluvial da Calzada, moi concorrida por bañistas e visitantes no verán.