Os Pasos - PONTE CALDELAS

"OS PASOS" son empregados para vadear o río, no camiño antigo Ponte Caldelas - A Lama.

COMO CHEGAR: Saíndo de Ponte Caldelas, dirección á Cañiza, antes de Caritel hai un desvío á esquerda a "As Fragas" (de abaixo), un camiño que conduce ao "coto de Pesca" lévanos a "Vos Pasos". No contorno podemos contemplar varios muíños, un deles mesmo con vivenda na planta superior (seguindo o camiño a Lama), petos de ánimas, e un impresionante paisage dominado polo río.

En xeral, todo o percorrido do río Verdugo é dunha gran beleza e recomendado para todo aquel que sexa aficcionado ás excursións en contacto coa natureza.