Festa das Dores de PONTE CALDELAS

PROGRAMA COMPLETO

O Agosto Cultural bota a andar este sábado, día 9, ás 19 horas coa carreira popular “Bandeira Azul”. Ás 22.00 horas chegará o primeiro concerto na Alameda, a cargo dos Black Stones.

O venres, día 12,  concerto na Alameda do dúo Sobre todo Ella.

O venres, día 19, ás 21 horas, concerto das Abeleiras de Alxán no colexio Manuel Cordo Boullosa.

O sábado, día 20, ás 16 horas, I Subida Automobilística Concello de Ponte Caldelas na estrada de Laxoso. Ás 22 horas, na Alameda, concerto  de A Roda.

O domingo, 21 de agosto, ás 9 horas, segunda xornada da I Subida Automobilística.

O luns, 22, ás 19 horas, cine infantil coa proxección de “Os Minions”, no colexio Manuel Cordo Boullosa. Ás 21 horas, inauguración da exposición de gravados de Carlos García Gonçalves. Ás 22 horas, na Alameda “A linga na boca, letras, riscos e pensamentos de Castelao”, espectáculo cómico, poético e musical.

O martes, 23, ás 19 horas, no colexio Manuel Cordo, actuación de cabaret infantil “As irmáns Prodixio”. Ás 20.30 horas, no Centro Cultural presentación do audio-libro de Suso Vaamonde “O Soño na Gaiola”, con actuación dos fundadores de Fuxan Os Ventos Mini e Mero. Ás 22 horas, teatro con “O Día do Pai”, comedia de Malasombra Producións.

O mércores, 24, ás 19 horas, no Centro Cultural, actuación infantil a cargo de MigallasTeatro. Representarán “Camiño de Historias”. Ás 22 horas, cine ao aire libre na Alameda, coa proxección de “Marte”.

O xoves, 25, ás 19 horas, no colexio Manuel Cordo Boullosa, actuación infantil a cargo de Luis Valecillo co espectáculo “Cantamos un conto na Biblioteca”. Ás 22 horas, teatro, coa obra “Noiteboa” a cargo de Redrum Teatro.

O programa festivo apreta o ritmo na recta final, a medida que chega o Día Grande das Festas das Dores. Así, para a última fin de semana e xornadas  posteriores prevese:

O venres, día 26, ás 23 horas na Alameda, chegará o momento da Festa Ponte Caldelas Xove, cun cartel de música electrolatina encabezado por Ricky Furiaty, DKB, Newmaik e coa participación doutros artistas e Dj.

O sábado, 27, ás 12 horas, pasarrúas a cargo da banda de Mondariz, que actuará ao remate na Alameda. Ás 20 horas, procesión dende a capela da Sagrada Familia. Ás 20.30 horas, Festival Folclórico na Alameda coa  actuación dos Coribantes, grupo de danzas Virgen de las Aguas de Burgos e o grupo folclórico Virgen de Sopetrán de Cáceres.

O domingo, día 28, comeza cos pasarrúas ás 12 horas coa banda de Salcedo e concerto ao remate. Ás 18 horas animación na rúa a cargo da Charanga Charandonga. Ás 22.30 horas, verbena coa orquestra Televisión.

O luns, día 29, ás 12 horas, pasarrúas coa banda de Arcade e concerto ao remate. Ás 21 horas, na Alameda, Festival Son de Ponte Caldelas organizado pola banda tradicional Os Coribantes e participación de diversos grupos municipais galegos. Ás 00 horas, verbena na Alameda con Miramar  e o Dj Álvaro Malvar.

O martes, 30 de agosto, comeza  co pasarrúas da banda de Redondela ás 12 horas e o posterior concerto.Ás 20 horas, misa solemne na honra de San Roque cantada pola coral Valdarrosa. A continuación sae a procesión coas imaxes da Sagrada Familia e a Virxe das Dores cara as súas respectivas capelas. Estarán acompañadas polas bandas da Brilat e Os Coribantes. Ás 23 horas, na Alameda, comezará a habitual verbena de clausura ata as 08 da mañá, coas orquestras, Marbella, Pontevedra e Alkar.

O remate, chegará o mércores, 31, co Día do Neno. Apertura das actuacións ás 17.00 horas a prezo especial ata última hora da tardiña.


Data: 12/08/2016 00:00 - 31/08/2016 00:00