II Edición de Caldelas Tapas

A partir deste 1 de xullo, as noites dos venres serán unha oportunidade magnífica para visitar Ponte Caldelas. Bota a andar a segunda edición de Caldelas Tapas, o concurso gastronómico no que é posible probar pratos moi elaborados a un prezo de só 2,50 euros con bebida incluída.

O Caldelas Tapas, organizado dende o Concello, pasou este ano de 9 a 13 locais. A razón do crecemento está no éxito da primeira edición, cando se superaron todas as previsións, e nas boas expectativas para os cinco venres de xullo. O certame adiántase un mes porque agosto conta xa cunha programación municipal moi intensa.

A hostalería local elaborou propostas culinarias realmente atractivas. A aposta pola calidade é evidente nun elenco de tapas nas que hai pratos de carne, peixe e verduras, cunha variedade que abrangue todos os gustos. O horario para gozar destas propostas é de 20 a 0 horas.

Os cartel anunciador do certame, así como a cartilla de selado, inclúen fotografías a cor das tapas para que o público poida axustar a ruta aos seus gustos.

A relación de propostas e locais é a seguinte:

O bar Puente ofrece "Tostada de ceviche de langostino"; Verdugolandia, "Rolo de carne silvestre"; o Parada, "Raxo con piña"; Aries, "Tosta de langostino sobre rulo tépedo"; O Greco, "Grecohamburteja picante"; Casa Fidel, "Minicaldeburger"; O Recanto, "Cuscús traidor"; Pecas, "Nube de pataca con tropezón de tenreira", O Castilla, "Entre brasas"; Acuña, "Dentada mediterránea"; A Fonte, "Delicias de mar dentro"; Alameda, "Capricho de mar e terra" e, finalmente, Casa 501 servirá "A beira do río".


Fonte: pontevedraviva.com


Fecha: 1/07/2016 00:00 - 31/07/2016 00:00